Finalizamos unha semana repleta de celebración, a das bibliotecas, as cales constitúen os nosos espazos de lectura, coñecemento, encontro, diálogo, xogo… e un longo etcétera.
Este curso decidimos aproveitar que se achega o Samaín para darlle un aspecto do máis tenebroso e, por iso, xa dende hai semanas, o alumnado voluntario da biblioteca e os nenos e nenas do Faro das Letras estiveron «dándolle ó coco» cunha decoración axeitada. Queredes ver parte do resultado?
Este escenario de terror serviu de ambiente para todas as actividades que se foron realizando ao longo da semana. Deixámosvos unha mostra de todas elas:
O alumnado de Infantil estreou a decoración lendo contos de monstros e vampiros… que MEDO pasamos!!!
O alumnado de 1º e 2º de Primaria deseñou portadas terroríficas:
O alumnado de 3º de Primaria aprendeu un pouco máis sobre a orixe do Samaín a través dun conto lido polas súas profes:
Os nenos e nenas de 4º de Primaria pasárono de medo lendo os microrrelatos escritos por eles e elas memas. Que artistas!
O alumnado de 5º e 6º de Primaria elaboraron receitas de Samaín e crearon epitafios súper orixinais:
En 1º de ESO sumáronse á creación de epitafios chocantes e en 2º de ESO deixaron voar a súa imaxinación escribindo micropesadelos:
E, por último, nos últimos cursos aproveitamos esta semana tan especial para iniciar o apadriñamento lector. Os padriños e madriñas de 4º de ESO reencontráronse cos seus afillados e afilladas, mentres que o alumnado de 3º de ESO coñecéronos por primeira vez e firmaron o seu contrato. Que ben o pasamos sempre cos maiores do cole!