📻Semana de radio, teatro e moita aprendizaxe!🎭

Esta semana tivemos a sorte de participar en dous obradoiros de radio moi especiais.

Por un lado, alumnado de 3º a 6º de Primaria compartiu a mañá do luns con Charo Pita arredor do teatro lido. A través da lectura dramatizada, traballaron a expresión oral, a entoación, a interpretación e a comunicación, adquirindo ferramentas que lles permitirán desenvolver esta modalidade en diferentes contextos, entre eles a radio.

Por outra banda, o alumnado do club de lectura «O Faro das Letras» participou nun obradoiro impartido pola xornalista Carmen Cruzado. A sesión comezou cun percorrido pola historia da radio e pola súa propia experiencia profesional para, posteriormente, pasar á acción. Os participantes convertéronse en auténticos locutores e locutoras nunha entrevista en directo na que falaron do seu paso polo club, das lecturas compartidas, da valoración que fan deste curso e dos seus proxectos de futuro.

Foron dúas experiencias que nos permitiron descubrir o poder da voz, da lectura e da comunicación, ao tempo que seguimos avanzando na nosa aventura radiofónica.

Moitas grazas a Charo Pita e Carmen Cruzado por compartir con nós os seus coñecementos, experiencia e entusiasmo!

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.