Este curso estreamos club de lectura co alumnado de 6º de EP e 1º e 2º de ESO! Xa nos tardaba crear un recuncho especial, tanto para os que xa somos moi lectores como para os que nos estamos iniciando nesta marabillosa afección.

Cada quince días a nosa biblio convértese no noso lugar privilexiado, onde compartimos as nosas impresións sobre as historias que estamos lendo, as personaxes coas que nos identificamos, os lugares aos que viaxamos páxina a páxina…

Xa sabes… se che pica a curiosidade, únete ao Faro das Letras!