Coincidindo co vinte e cinco aniversario do pasamento de Hernán Naval, a nosa biblioteca acolle unha exposición que percorre a súa traxectoria como músico, creador e director da Banda de Música de Ribadeo, así como os testemuños de parte dos seus compañeiros e alumnado.





Esta mostra é unha oportunidade para achegarnos ao legado dunha figura fundamental da vida cultural ribadense e para descubrir a pegada que deixou na música e na nosa contorna.
