Comezando dende o luns 24, Día das Bibliotecas, esta semana dedicamos a celebrar un dos nosos espazos favoritos!
Os máis peques fixeron unha visita á biblio onde… sorpresa, sorpresa…asistiron a un teatro de sombras moi máxico narrado polos seus compis de EP. Ademais, tamén retomaron o apadriñamento lector, polo que tiveron a oportunidade de coñecer aos seus padriños e madriñas de 3º de ESO, que ganas de comezar a ler con eles/as!


En EP, ademais de converterse en teatreiros/as, fixeron unhas pulseiras moi chulas!



Na ESO, o alumnado de 1º asistiu a unha formación de usuarios destinada a coñecer a CDU, a maneira na que está organizada a biblioteca e, incluso, a buscar un libro en menos dun minuto!




Pero ademais, posto que esta semana tamén celebramos o Samaín na biblioteca, o alumnado de ESO tamén participou nun concurso de epitafios. Tiveron ata o venres 28 para facer as súas entregas, así que en pouco tempo coñeceremos aos gañadores!
