Como cada 30 de xaneiro, a biblioteca fai un oco especial para os ilustradores e ilustradoras, lembrando e recoñecendo o esencial da súa labor nos libros e na cultura en xeral. Este ano a homenaxeada é María Antonia Dans, pintora e pioneira da ilustración. Durante estes días, queda a disposición dos usuarios unha pequena mostra onde o debuxo importa tanto (ou máis) que as palabras.