Nestas últimas semanas, o alumnado de 1º e 2º de ESO tivo a oportunidade de coñecer aos autores de dúas das lecturas que estiveron realizando no presente curso: Cidade do Átomo, de Iria Misa, e A gruta da Torre, de Lois Pérez. Foron dúas charlas moi entretidas onde puideron debater, coñecer a orixe destas novelas ou falar sobre a afección á lectura e a importancia desta nosa formación como persoas.
Ademais, posto que o libro de Lois Pérez está ambientado na nosa vila, onde o autor pasou parte da súa infancia, tamén houbo tempo para intercambiar anécdotas dos lugares de Ribadeo que tan ben coñecemos.
Moitas grazas a ambos por compartir un tempo con nós!