Pouco a pouco ímonos achegando á fin deste curso e, polo tanto, toca despedirse das reunións do club de lectura. Con este motivo, queremos compartir o vídeo realizado durante os 21 co galego e+ polo alumnado de 4º do Faro das Letras, o cal se achegou ao lugar que lle da nome e imaxe ao noso club, o Faro da Illa Pancha, para contarnos cales foron as súas lecturas favoritas e animarnos a participar neste tipo de experiencias.
Tomade nota por se andades buscando libros para ler no verán!
https://drive.google.com/file/d/1YIqMJenX8A_wcOvAwauKXWzeaAdzAR-x/view?usp=sharing