Semana das bibliotecas

Durante esta semana a biblioteca non parou, posto que estivo de celebración! Contámosvos algunhas das actividades que se realizaron:

O alumnado de EP e os primeiros cursos de ESO realizaron unha formación de usuarios para coñecer as normas e o funcionamento da biblioteca dun xeito lúdico. Así mesmo, o alumnado de 1º de EP recibiu o seu carné de usuario para poder levar libros en préstamo.

Por outro lado, iniciouse a participación no I Concurso de Bookface da biblioteca! En pouco tempo coñeceremos os «bookface» gañadores das distintas categorías.

O alumnado de 6º EI visitou a Biblioteca Municipal, onde realizou a actividade «Plantar contos, sementar imaxinación» xunto ás persoas usuarias do Centro de Día «A Concordia»

Puede ser una imagen de 9 personas, personas estudiando y mesa
Puede ser una imagen de 8 personas, personas estudiando, televisión y texto

Finalmente, o alumnado de ESO puido participar nun obradoiro de decoración terrorífica para deixar a biblioteca lista para o Samaín… amosarémosvos o resultado final cando chegue o día!

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.