Obradoiro de escritura creativa

Como colofón ás reunións do Faro das Letras, o noso club de lectura tivo a sorte de participar nun obradoiro de escritura creativa impartido pola autora Lucía Ferro. A actividade, desenvolvida desde un enfoque lúdico, próximo e moi inspirador, animou ao alumnado a soltarse coa escrita, a perder o medo á folla en branco e a descubrir o seu potencial como contadores e contadoras de historias.

Durante o obradoiro, deron renda solta á imaxinación e remataron creando relatos sorprendentes, cheos de orixinalidade e emoción. Foi unha experiencia moi enriquecedora que puxo en valor a forza da palabra e o pracer de escribir.

Moitas grazas, Lucía, por compartir con nós a túa paixón pola escrita e por acompañarnos neste peche tan especial do club de lectura!

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.