A semana do 21 de marzo o Club de Lectura «Faro das Letras» saíuse do habitual para falar de poesía no seu día internacional. Dedicamos a sesión a coñecer o haiku, un xénero poético de orixe xaponesa, e mesmo nos atrevemos a crear un. En pouco tempo, o alumnado xa tiña listo o seu primeiro haiku. A continuación podedes botarlles unha ollada!