O Día do Libro é unha das datas máis especiais de cada curso, xa que o noso cole está cheo de grandes lectoras e lectores. Por iso, nesta ocasión decidiuse dar mostra disto e organizar unha exposición fotográfica amosando ao alumnado en actitude lectora.
A participación foi extraordinaria e conseguiuse xuntar unha morea de guapos e guapas lendo, incluíndo a profes e mamás e papás que se animaron a unirse á iniciativa. Durante esta semana, os distintos cursos organizáronse para visitar a exposición e encantoulles! Como ben dixo Günter Grass: «Non hai espectáculo máis fermoso que a mirada dun neno que le»


