O Club de Lectura visita Mondoñedo

Este xoves os integrantes do Faro das Letras saíron da súa rutina para facer unha visita a Mondoñedo, vila de figuras literarias como Leiras Pulpeiro, Noriega Varela, Marina Mayoral e, por supostísimo, Álvaro Cunqueiro.

Partindo dende a praza da catedral, percorremos os distintos puntos clave da historia da vila a través do seu patrimonio arquitectónico, facendo unha parada especial no Museo da Imprenta, onde nos achegamos ás orixes dos nosos bens máis prezados… os libros!

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.