Encontro do club de lectura con Charo Baleirón

Cando lemos un libro ademais de vivir outras vidas tamén nos imaxinamos aos protagonistas e, incluso, á escritora e á ilustradora. Gustaríanos coñecelas e falar con elas, pero non o cremos posible…

Onte as alumnas de 6°de EP do Faro das Letras tiveron a oportunidade de coñecer a Charo Baleirón, escritora de Mamá vive en min, e a Sara, a protagonista. O libro deunos pé para falar das persoas que máis queremos, da amizade, das raíces, do club de lectura, dos logros, do futuro… Houbo tempo para asinar libros e incluso Sara nos cantou unha peza coa pandeireta. Foi un gusto falar con elas mentres compartimos un chocolate con churros.

Moitas grazas Charo e Sara pola vosa visita!

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.