O Faro das Letras coñece a Eloy Moreno

Esta mañá o alumnado do club de lectura de ESO tivo un encontro co escritor de Invisible e Tierra, dúas das lecturas que abordamos nas sesións deste curso. Eloy descubriunos varias curiosidades sobre ambas historias, as súas personaxes e os procesos de escrita. Ademais, respondeu a todas as nosas dúbidas e inquedanzas e incluso nos contou algún que outro segredo!

Hoxe foi un día que o Faro das Letras non esquecerá, posto que non sempre se ten a oportunidade de coñecer conversar co autor dunha lectura que espertou tantas sensacións e sentimentos en nós.

Moitas grazas, Eloy!

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.