Voluntarios de biblioteca

A nosa biblioteca atópase inmersa nun proceso de cambio e, para iso, botamos man dunha axuda moi especial, sen a cal este traballo se nos faría moito máis laborioso ao equipo de biblioteca.

Queremos dar as grazas ao noso equipo de voluntarios e voluntarias de EP e ESO, os cales están aportando o seu gran de area para facer da biblioteca un lugar máis dinámico, atractivo e útil para toda a comunidade educativa.

MOITAS GRAZAS!

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.