Día do Libro 2023

Este curso decidimos celebrar aqueles libros que, aínda que xa non ocupen un espazo nos andeis da nosa biblioteca, poden ter unha segunda vida decorando as entradas das distintas aulas. Baixo o lema «Libros que viven un nuevo sueño», o alumnado das distintas clases elaborou a súa proposta. A continuación podedes botar unha ollada a algúns dos resultados:

Por outro lado, retomamos unha actividade que xa se converteu nun clásico no noso cole: «Al aire libros». Posto que o tempo non nos acompañou, non puidemos saír ao parque para realizala, mais pasámolo xenial igualmente improvisando recunchos de lectura polo centro, xa que na biblio non collemos todos! Ademais, os máis peques estiveron acompañados durante este tempo de lectura polos seus padriños e madriñas de 3º e 4º ESO:

E, por último, pero non menos importante… os profes máis lectores organizamos, un curso máis, o noso «Amigo invisible». Non hai maior pracer que agasallar e ser agasallado con libros!

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.