Comezamos a Semana do Libro cunha pequena mostra moi especial: 10 libros que foron censurados en diferentes momentos da Historia e que, aínda así, chegaron ata os nosos andeis. Algúns deles son auténticos clásicos da literatura!
Con esta proposta queremos lembrar que a lectura é liberdade e que os libros teñen o poder de abrir mentes e derrubar límites!



Continuamos cunha das nosas actividades máis prezadas de abril: «Ao aire libros». O bo tempo acompañou este momento de lectura no parque de San Francisco. Os máis pequenos do cole estiveron acompañados das súas madriñas e padriños lectores, os cales lles leron os seus contos preferidos:




Así mesmo, no Día do Libro rendemos homenaxe a Federico García Lorca no 90 aniversario do seu pasamento. O alumnado do cole elaborou marcapáxinas plasmando os seus versos máis eternos coa fin de lembrar ao poeta granadino. Aquí podedes ver unha pequena mostra do resultado:






Para rematar, os profes non perdimos a oportunidade de repetir un curso máis o noso amigo invisible. Celebrar con libros novos sempre é mellor!


