8M💜Lecturas violetas

Con motivo da conmemoración do Día Internacional da Muller, organizamos na biblioteca unha pequena mostra cunha selección de libros adaptada ás diferentes idades do alumnado.

Quixemos visibilizar historias, referentes e reflexións arredor da igualdade, do papel das mulleres ao longo da historia e da importancia de seguir construíndo unha sociedade máis xusta.

Porque ler tamén é unha forma de comprender o mundo e de transformalo.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.