Charla coa escritora Antía Yáñez

Este luns o noso club de lectura, O Faro das Letras, tivo un encontro moi especial con Antía Yáñez, a autora das nosas últimas dúas lecturas: «Be Water» e «Plan de Rescate».

Por un lado, o alumnado de 1º e 2º de ESO puido compartir todas aquelas sensacións e impresións que nos deixou «Be Water», unha obra especialmente centrada nun dos nosos bens máis prezados: a auga. Pero tamén aproveitamos para coñecer máis de cerca o traballo incansable que supón ser escritora. Tras unhas cantas dedicatorias aos nosos lectores e lectoras máis entusiastas, amosámoslle a Antía o mural que realizamos tomando como inspiración «Be Water». Encantoulle!

Posteriormente, o alumnado do club de 6º de EP tamén tivo a oportunidade de compartir as súas impresións con Antía sobre «Plan de rescate», unha lectura que nos enganchou dende o primeiro momento!

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.