Día das Bibliotecas

Como cada 24 de outubro, celebramos o Día das Bibliotecas mediante diferentes actividades orientadas á formación de usuarios. Comezando polos máis pequenos e rematando cos máis grandes, fixemos un repaso polas zonas da nosa biblioteca, as súas normas, aprender a localizar os libros que buscamos… dúas xornadas cheas de xogos e aprendizaxe!

Ademais, tamén aproveitamos esta semana especial para dar comezo ás reunións do noso club de lectura, o Faro das Letras. Este curso aumentaron un montón os seus integrantes e xa temos catro grupos!

E, para rematar, o alumnado de EP e ESO recibiu o seu carné lector… que ganas tiñamos xa de estrealo!

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.