Xa temos mascota na biblio! Benvido, Buk!

O 30 de xaneiro celebramos o Día da Ilustración e, posto que a nosa biblioteca aínda non dispoñía dunha mascota, decidimos aproveitar o talento do noso alumnado nesta efeméride para propoñerlles un concurso de ilustración. Os nenos e nenas deberían presentar o deseño dunha mascota inventada que estivera entusiasmada polo mundo da lectura e da imaxinación. A participación foi espectacular e, tras moito pensar, o Equipo de Biblioteca atopou aos finalistas e gañadora do concurso, os cales foron agasallados con albumes ilustrados adaptados ao seu nivel:

1º PREMIO: Lucía Lastra Pérez (3º ESO)

FINALISTAS:

Irene González Rolle (6º EP)

Hugo Quintana Fernández (3º EP)

Uxía Montero Iglesias (2º EP)

Botádelle un ollo ás creacións dos nosos artistas:

Noraboa a todos/as e moitas grazas por participar!

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.